Guía de navegación e manexo do novo Portal da Investigación. Contidos e posibilidades. 12 de xan. de 2023

Visto 94 veces

Guía de navegación e manexo do novo Portal da Investigación. Contidos e posibilidades.

Con información sobre 1395 investigadores/as, 169 grupos, 50.168 publicacións, 3050 teses...

Posto en marcha desde a Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación coa colaboración da Fundación Dialnet e a axuda da Biblioteca Universitaria e dos servizos informáticos, no novo portal recóllese e mantense actualizada a actividade investigadora dos grupos de investigación e das investigadoras e investigadores cos que conta a universidade, amosando para cada un deles o seu perfil e indicadores bibliométricos e de colaboración. Ademais, segundo se explica na presentación, permite localizar persoal experto nun campo de investigación e, entre outros servizos, facilita o acceso ás publicacións, impulsa o acceso aberto e posibilita a elaboración de informes e a exportación dos resultados en distintos formatos.

Fonte: DUVI

Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación, Universidade de Vigo
Sonsoles Pousa Torres
Xefa da Área de Servizos Bibliométricos, Universidade de Vigo


Vídeos da mesma serie
Guía de navegación e manexo do novo Portal da Investigación. Contidos e posibilidades.
Con información sobre 1395 investigadores/as, 169 grupos, 50.168 publicacións, 3050 teses...
12 de xan. de 2023
Peche do acto
Esta é unha ferramenta que vai ser moi útil a nivel interno, para identificar plenamente cada un dos investigadores, grupos, etc, pero tamén externamente, tanto para atopar socios de maneira moito máis doada, como para facer visible o que somos e o que facemos
12 de xan. de 2023