Peche do acto 12 de xan. de 2023
Peche do acto
Esta é unha ferramenta que vai ser moi útil a nivel interno, para identificar plenamente cada un dos investigadores, grupos, etc, pero tamén externamente, tanto para atopar socios de maneira moito máis doada, como para facer visible o que somos e o que facemos
Posto en marcha desde a Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación coa colaboración da Fundación Dialnet e a axuda da Biblioteca Universitaria e dos servizos informáticos, no novo portal recóllese e mantense actualizada a actividade investigadora dos grupos de investigación e das investigadoras e investigadores cos que conta a universidade, amosando para cada un deles o seu perfil e indicadores bibliométricos e de colaboración. Ademais, segundo se explica na presentación, permite localizar persoal experto nun campo de investigación e, entre outros servizos, facilita o acceso ás publicacións, impulsa o acceso aberto e posibilita a elaboración de informes e a exportación dos resultados en distintos formatos.
Fonte: DUVI