Acto de investidura de Nicholas Kotov como doutor honoris causa da Universidade de Vigo 12 de xuño de 2023

Visto 170 veces

Acto de investidura de Nicholas Kotov como doutor honoris causa da Universidade de Vigo

Pola excelencia da súa carreira científica e a repercusión tecnolóxica do seu traballo, este profesor da Universidade de Michigan convírtese no vixésimo noveno doutor honoris causa da institución académica. Apadriñado polo seu grande amigo, o catedrático Luis Liz Marzán

Pioneiro no uso de grafeno e referente mundial en nanotecnoloxía, o profesor da Universidade de Michigan Nicholas Kotov (Moscova, 1965) converteuse este luns no vixésimo noveno doutor honoris causa da Universidade de Vigo. Fíxoo nun acto de investidura celebrado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e apadriñado polo seu grande amigo, o catedrático Luis Liz Marzán, da man de quen visitou por primeira vez a Universidade de Vigo no ano 1996. Dende entón a conexión e colaboración entre os laboratorios que ambos lideran ten continuado, de xeito ininterrompido ata hoxe, data na que, tras pronunciar o seu discurso de ingreso na Universidade de Vigo, xurou solemnemente “defender e respectar todos os dereitos desta universidade en calquera parte do mundo”, así como “favorecela e axudala cantas veces se lle demande”.

No nome de toda a comunidade universitaria, o reitor, Manuel Reigosa, foi o encargado de darlle a benvida á institución académica viguesa e amosar a “enorme satisfacción” pola súa incorporación ao Claustro de doutores honoris causa da Universidade de Vigo, así como darlle as grazas por ser como é, “unha gran persoa e un excelente científico”. O reitor agradeceulle tamén ter tido sempre a xenerosidade de acudir a Vigo, cada vez que lle foi solicitado, facendo mención expresa a The Thinking Institute, un encontro que este ano acadou a súa segunda edición e no que se brinda as e os participantes a oportunidade de interactuar cos mellores especialistas en nanociencia a nivel mundial.

Reitor, Universidade de Vigo
María José Bravo Bosch
Secretaria general, Universidade de Vigo
Luis Liz Marzán
Catedrático Departamento de Química e Física, Universidade de Vigo
Nicholas Kotov
Profesor. Pioneiro no uso do grafeno e referente mundial en nanotecnoloxía, Universidade de Michigan
Coro Universitario del Campus de Ourense
Universidade de Vigo
Equipo técnico Paco Brisaboa TécnIco UvigoTV-CdMTV
Técnico Audiovisual, TELTEK Video Research S.L.

Vídeos da mesma serie
Acto de investidura de Nicholas Kotov como doutor honoris causa da Universidade de Vigo
Pola excelencia da súa carreira científica e a repercusión tecnolóxica do seu traballo, este profesor da Universidade de Michigan convírtese no vixésimo noveno doutor honoris causa da institución académica. Apadriñado polo seu grande amigo, o catedrático Luis Liz Marzán
12 de xuño de 2023