Acto de Graduación da Escola de Enxeñería Industrial. Promoción 2023 1 de xuño de 2023
- Video de presentación de la Escuela de Ingeniería Industrial : 00:00:02
- Bienvenida al acto : 00:03:15
- Intervención de Juan Pardo, Director de la EEI : 00:09:10
- Saludo de las Asociaciones de Estudiantes : 00:19:21
- Actuación musical: Radioactive : 00:25:03
- Intervención de Abel Caballero, Alcalde de Vigo : 00:28:59
- Intervención de los representantes de los Alumnos del Grado : 00:37:58
- Juramento del Código Ético : 00:49:21
- Entrega de Diplomas : 00:52:16
- Intervención de los representantes de los Alumnos del Máster : 01:11:23
- Saludo de las Familias : 01:22:37
- Intervención de Julio García Comesaña, Conselleiro de Sanidade : 01:25:25
- Saludo de los Profesores : 01:36:46
- Intervención de Alfonso Lago Ferreiro, Vicerrector de Titulacións e Innovación Docente : 01:43:20
- Industriales in Borderland : 01:55:57
- Actuación musical: Take on me : 02:05:30
Acto de Graduación da Escola de Enxeñería Industrial. Promoción 2023
O centro máis grande da universidadde celebrou a despedida de 242 alumnos e alumnas, 207 das sete titulacións de grao coas que conta a escola e 35 do Máster en Enxeñería Industrial. Entre as e os que se despediron, as segundas promocións de Enxeñería Biomédica, titulación deseñada coa colaboración do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e do Grao en Tecnoloxías Industriais, que forma parte do programa de Excelencia Ultreia 2020 da Xunta de Galicia.
O director da EEI, Juan Pardo, destacou que este evento é sempre “unha gran satisfacción para nós e por isto organizamos un acto tan especial para a nosa escola e, sobre todo, para o gran número de titulados e tituladas que se formaron na nosa casa e que celebran un día tan importante, acompañados de familiares, profesores/as e persoal de administración e servizos”, ademais de autoridades como o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, os vicerreitores José Luis Míguez e Alfonso Lago, e representantes dos colexios profesionais. O acto estivo conducido pola subdirectora da EEI e concelleira Ana Mejías e nel proxectáronse vídeos dos estudantes, das familias e tamén do representantes do profesorado de diferentes departamentos que lles trasladaron aos mozos e mozas palabras de agarimo e consellos para a nova etapa das súas vidas que comeza agora.
Fonte: DUVI