Exposición OVERTAZ - Videoresumo 13 de xul. de 2023

Visto 118 veces

Exposición OVERTAZ - Videoresumo

O proxecto OVERTAZ é a continuación dunha idea que naceu hai once anos con «Naturalmente», exposición presentada na galería de arte Visol de Ourense, onde creamos unha pequena paisaxe natural que dialogaba coas fotoesculturas dispostas na parede. Dous anos máis tarde, en 2014, comezamos a intervir no exterior, aproveitando a Fundación Vicente Risco, en Allariz, que nos ofreceu un espazo híbrido con galería interior e patio aberto, lugar que nos inspirou para crear unha serie de fotoesculturas ao aire libre.
En liña coas vangardas do Land-Art, Arte Ambiental ou Eco-Art, onde o territorio se transforma ou manipula, nós partimos do «espazo natural», adaptándonos ao seu ritmo e crecemento cotián para crear puntos de interese visual que ofrezan a posibilidade de «outro» diálogo co espectador.
OVERTAZ consiste en 15 fotoesculturas, das que seis foron creadas para a última exposición que fixemos en As Casas do Retratista, en A Pontenova (Lugo), e compleméntanse con outras nove creadas específicamente para encadrar no espazo-xardín do Campus Universitario, desde a entrada pola Avenida Afonso Rodríguez Castelao ata as Facultades de Ciencias, Enxeñería e Informática.

Autor/a: Santi Barreiros
Fotógrafo
Autor/a: Nito Contreras
Escultor

Vídeos da mesma serie