Facultad de Filología e Traducción. Campus de Vigo 22 de xan. de 2024
Facultad de Filología e Traducción. Campus de Vigo
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española, grao en Linguas Estranxeiras e grao en Tradución e Interpretación
A piques de cumprir o primeiro cuarto deste século XXI, a Facultade de Filoloxía e Tradución ofrece tres graos universitarios que xuntan tradición e vangarda: grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española, grao en Linguas Estranxeiras e grao en Tradución e Interpretación.
Se as túas paixóns son as linguas, a comunicación, o afán por saber utilizar as palabras, o desexo de comprender os retos actuais e axudar a resolvelos, a mediación lingüística, as relacións internacionais e o interese por descubrir o avance que achegan as novas tecnoloxías á linguaxe, esta é a túa facultade, que ensina desde unha perspectiva, á vez, dixital e humanística, todo o que debes coñecer para facer da palabra a túa ferramenta máis eficaz.