Acto completo 'Presentación do UM24. UVigo Motorsport' 27 de xuño de 2024

Visto 5 veces

Acto completo 'Presentación do UM24. UVigo Motorsport'

Chasis máis lixeiro, aerodinámica máis eficiente e motor cun novo sistema de refrixeración.

85 alumnos e alumnas, dunha vintena de titulacións dos tres campus da UVigo, poderá gabarse de rematalo cun coche deseñado e construído por eles mesmos. Son os e as integrantes da única escudaría galega da Formula Student, UVigo Motorsport, os que un curso máis, e xa van nove, os que foron quen de materializar o UM24, o vehículo monopraza co que entre os meses de xullo e agosto competirán nos circuítos de Assen (Holanda), Silverstone (Reino Unido) e Montmeló (España). O traballo de dez meses deste grupo de estudantes, o máis numeroso da historia da escudaría, deuse a coñecer esta tarde nun acto celebrado no salón de actos da Escola de Enxeñaría Industrial, no que o vehículo amosouse publicamente por vez primeira e no que se coñeceron todos os detalles do proceso do seu deseño e construción, as novidades que introduce respecto do antecesor e no que tamén houbo tempo para repasar a historia da escudaría desde o ano 2014 ata a actualidade.
Fonte: DUVI

i18n.one.Series: Presentación del UM24

Vídeos da mesma serie
Acto completo 'Presentación do UM24. UVigo Motorsport'
Chasis máis lixeiro, aerodinámica máis eficiente e motor cun novo sistema de refrixeración.
27 de xuño de 2024
Videoresumo 'Presentación do UM24. UVigo Motorsport'
Chasis máis lixeiro, aerodinámica máis eficiente e motor cun novo sistema de refrixeración.
27 de xuño de 2024