V Edición do Acto de Entrega dos Premios Girl Geek Power 10 de dec. de 2024
V Edición do Acto de Entrega dos Premios Girl Geek Power
En setembro de 2021, cando aínda restaba case un ano para que se declarase a fin da pandemia, nacían os Premios GirlGeekCovid, unha iniciativa da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo, co obxectivo de fomentar a presenza de mulleres no eido científico e tecnolóxico. Cinco anos e 16 premiadas despois, os galardóns, rebautizados como Premios Girl Geek Power, recoñeceron os mellores expedientes femininos da Universidade de Vigo do curso 2023/2024 en dúas categorías: estudos de Ciencias e Ciencias da saúde e de Enxeñaría e Arquitectura, con dous primeiros premios de 2000 euros e dous accésits de 1000.
Nun acto celebrado na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, Daniela Sanz Toucedo, estudante de Enxeñaría de Telecomunicacións, recibiu o primeiro premio na rama de Enxeñaría e Arquitectura, mentres que Iliana Durán Alonso, estudante do Máster de Biotecnoloxía Avanzada, foi a galardoada co primeiro premio en Ciencias e Ciencias da Saúde. Pola súa banda, Noa Álvarez Montes, enxeñeira biomédica, especializada na área de Ciencia e Tecnoloxía de Materiais, e Sarai Moledo Rodríguez, graduada en Bioloxía e estudante do Máster de Xenómica e Xenética, recibiron os accésits en Enxeñaría e Arquitectura e Ciencias e Ciencias da Saúde, respectivamente.
Fonte: DUVI