VI Edición do Acto de Entrega dos Premios Girl Geek Power 17 de dec. de 2024

Visto 37 veces

VI Edición do Acto de Entrega dos Premios Girl Geek Power

Universidade de Vigo e Deputación de Pontevedra volveron pór este mércores sobre a mesa o seu compromiso coa igualdade na entrega da sexta edición dos premios GirlGeekPower, unha iniciativa impulsada ao abeiro da Cátedra de Feminismos 4.0 asinada entre ambas institucións e coa que se busca pór en valor as traxectorias e os perfís de alumnas brillantes que optaron por cursar unha titulación STEM, é dicir, de ciencia e tecnoloxía, ámbitos nos que a presenza feminina, sobre todo no eido tecnolóxico, segue a estar infrarrepresentada.
Fonte: DUVI

Presenta: Yolanda Rodríguez Castro
Directora da Unidade de Igualdade, Universidade de Vigo
Adriana Pazos Lorenzo
Accésit na rama de Enxeñaría e Arquitectura
Lucía Gómez Barros
Primeiro premio na rama de Enxeñaría e Arquitectura
Paula Bouzós Barros
Deputada de Igualdade e Benestar, Deputación de Pontevedra
Sofía Fernández Cabo
Accésit na rama de Ciencias e Ciencias da Saúde
Sabela González Alcantara
Primeiro premio na rama de Ciencias e Ciencias da Saúde
Luisa Sánchez
Vicepresidenta de la Diputación de Pontevedra

Vídeos da mesma serie