Acto de inauguración da feira EmpregoinCampus 2022. Ámbito empresarial, xurídico e das linguas nos negocios
Máis de 40 empresas e institucións participan esta semana no campus de Vigo na I edición da Feira Internacional EmpregoInCampus, unha nova iniciativa impulsada pola Área de Emprego e Emprendemento coa que a UVigo busca pór en contacto, nas propias instalacións de cada un dos tres campus, a titulados e tituladas e estudantes de último curso con empresas colaboradoras que están buscando talento nas aulas universitarias. A iniciativa arrancou este mércores na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais cunha feira especializada no ámbito xurídico-empresarial, de linguas nos negocios e comercio e a idea é celebrar outras tres edicións o vindeiro mes de outubro: unha no campus de Ourense, outra en Pontevedra e unha nova sesión en Vigo específica para o ámbito científico e biotecnolóxico.
Español
Vistas totales:
40