Homenaxe o docente, investigador e vicerreitor Manuel Ramos 12 de maio de 2022
- Intervención de Mónica Valderrama Santomé : 00:05:00
- Vídeo Homenaxe : 00:10:24
- Intervención de Luis Eulogio Anido Rifón : 00:12:34
- Intervención de Yolanda Blanco Fernández : 00:13:46
- Intervención de Rebeca Pilar Díaz Redondo : 00:15:46
- Intervención de Cristina Gallego Méndez : 00:16:54
- Intervención de Alfonso Lago Ferreiro : 00:17:45
- Intervención de Betty León : 00:18:56
- Intervención de Cándido Antonio López García : 00:20:07
- Intervención de María José Moure Rodríguez : 00:21:10
- Intervención de José Juan Pazos Arias : 00:22:02
- Intervención de José Santos Suárez : 00:23:18
- Intervención de Manuel Joaquín Reigosa Roger : 00:31:36
Homenaxe o docente, investigador e vicerreitor Manuel Ramos
A praza Erasmo do campus vigúes énchese para homenaxear o docente, investigador e vicerreitor Manuel Ramos. Decenas de compañeiros e compañeiras da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación; da vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado e a súa área e servizos; o equipo de goberno en funcións; os reitores das universidades de Santiago de Compostela e A Coruña e membros da comunidade universitaria asisten á homenaxe a Ramos, na que se pon de manifesto o respecto e cariño que lle profesaron as persoas que o coñeceron.
A súa viúva e os seus fillos foron testemuñas, a través das palabras de quen o tratou, da pegada que Ramos deixou na Universidade de Vigo, na que desde a súa chegada a principios da década de 1990 participou activamente en tarefas docentes, investigadoras, de xestión e sindicais, acadando co paso dos anos os postos de catedrático e vicerreitor. A música do docente Xosé Constenla, acompañado por Javier Constenla e Pilar Martínez e a palabra son os protagonistas dunha “oportunidade para despedir a un amigo co que lle gustaba”, nos traslada a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, encargada de conducir o acto, no que os seus colegas e amigos e amigas Cristina Gallego, Alfonso Lago, María José Moure, Rebeca Díaz, José Pazos, Luis Anido, Betty León, José Santos, Yolanda Blanco e Cándido López gaban a Manolo: o traballador infatigable, o amigo dos seus amigos, o enxeñeiro total, nobre, loitador pola igualdade e polo profesorado, humilde, xeneroso …
Fuente: DUVI