Percorrido pola vida e a poesía de Florencio Delgado Gurriarán 13 de maio de 2022
Percorrido pola vida e a poesía de Florencio Delgado Gurriarán
Conferencia
Coa presenza do reitor, Manuel Reigosa, a subdirectora da Facultade de Comercio, Araceli González, e o historiador Ricardo Gurriarán, celebróuse no salón de actos da Facultade de Comercio o Día das Letras Galegas, organizado pola Asociación Aulas de Formación Aberta.
O invitado Ricardo Gurriarán fixo una semblanza do poeta homenaxeado, Florencio Delgado Gurriarán, con un percorrido pola súa vida e os seus traballos poéticos..
A socia, Maruxa Villares leu o poema Galicia infinda de Florencio Delgado Gurriarán.
No acto, a presidenta da Asociación fixo entrega a Ricardo Gurriarán dunha escultura de Acisclo Manzano O torso de Viduedo, feito en terracota do ano 2021, en agradecemento pola súa colaboración.