Intervención Anxo Angueira 24 de maio de 2014

Visto 4071 veces

Intervención Anxo Angueira

Non podía imaxinar Díaz Castro que cando escribía o verso ''o galego ata as estrelas'', isto chegaría un día a converterse en realidade. A coincidencia en datas da celebración do Día das Letras Galegas co Día Mundial das Telecomunicacións foi a escusa ideal para que a Universidade fixera posible aquel anhelo do poeta lucense. Fíxoo na entrega dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria 2014, un acto concibido tradicionalmente como a festa da lingua pero que este ano serviu tamén para estreitar lazos entre as letras e a tecnoloxía e amosar a capacidade de desenvolvemento e innovación dunha institución que xa lanzou ao espazo dous satélites, o último o Humsat-D, empregado nesta data para transmitir en morse varios versos de Díaz Castro, de Rosalía, de Álvaro Cunqueiro...

Anxo Angueira
Profesor Titular na Facultade de Filoloxía e Tradución, Universidade de Vigo
Modera: Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
O galego ata as estrelas
O satélite Humsat-D transmitiu en morse textos conmemorativos de Díaz Castro, Rosalía e Cunqueiro
21 de maio de 2014
Pequeniña
24 de maio de 2014
Habanera de Berlín
24 de maio de 2014