Adaptación musical de 'Penélope'. Xosé María Díaz Castro 24 de maio de 2014

Visto 4221 veces

Adaptación musical de 'Penélope'. Xosé María Díaz Castro

Non podía imaxinar Díaz Castro que cando escribía o verso ''o galego ata as estrelas'', isto chegaría un día a converterse en realidade. A coincidencia en datas da celebración do Día das Letras Galegas co Día Mundial das Telecomunicacións foi a escusa ideal para que a Universidade fixera posible aquel anhelo do poeta lucense. Fíxoo na entrega dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria 2014, un acto concibido tradicionalmente como a festa da lingua pero que este ano serviu tamén para estreitar lazos entre as letras e a tecnoloxía e amosar a capacidade de desenvolvemento e innovación dunha institución que xa lanzou ao espazo dous satélites, o último o Humsat-D, empregado nesta data para transmitir en morse varios versos de Díaz Castro, de Rosalía, de Álvaro Cunqueiro...

Alba María
Cantautora e poetísa

Vídeos da mesma serie
O galego ata as estrelas
O satélite Humsat-D transmitiu en morse textos conmemorativos de Díaz Castro, Rosalía e Cunqueiro
21 de maio de 2014
Pequeniña
24 de maio de 2014
Habanera de Berlín
24 de maio de 2014