Procesos de funcionarización do persoal laboral das universidades públicas. Debate 18 de feb. de 2016

Visto 711 veces

Procesos de funcionarización do persoal laboral das universidades públicas. Debate

A sección sindical de CCOO-Universidade de Vigo organinza o vindeiro xoves día 18 de febreiro no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución terá lugar unha charla/coloquio sobre "Os procesos de funcionarización do persoal laboral no ámbito da universidade pública". Convidamos a todo o colectivo de traballadores a asistir a esta xornada informativa que consideramos de sumo interese dado o actual proceso de negociación sobre a posible funcionarización do Persoal Laboral da Universidade de Vigo. Os traballadores que non poidan asistir por calquera motivo poderán presenciar en directo a charla e participar activamente tamén no coloquio a través do chat que o servizo de UVigo TV habilitará para a ocasión. A xornada informativa será dirixida por J.Francisco Llera Cáceres, (...) da Universidade de Estremadura ao que agradecemos profundamente a amabilidade de desprazarse ata o noso campus para compartir connosco a súa ampla experiencia neste campo

Paco Llera
Universidad de Extremadura