Incoherencias xurídicas e medias verdades: de por que considero necesario regular en España a xestación por substitución 20 de out. de 2017
Incoherencias xurídicas e medias verdades: de por que considero necesario regular en España a xestación por substitución
Xornada xestación por substitución
A xestación por substitución: O programa do coloquio comprendeu tamén unha sesións plenaria organizada polo Departamento de Dereito Constitucional, en colaboración coa Unidade de Igualdade, que se centrou na xestación por substitución. Esta parte do coloquio, dirixida pola profesora e decana do centro, Almudena Bergareche, tivo por obxectivo afondar nas cuestión xurídicas dun tema “conflitivo e duro”, como destacaba a docente. Para xerar esta achega de visións contrapostas, a organización tratou de incluír na mesa expertas con opinións diversas acerca dunha apertura da lexislación española cara este suposto cun proxecto de lei que acepte a xestión subrogada. Así, participaron nesta sesión a profesora María Concepción Torres, da Universidad de Alicante e secretaria da Red Feminista de Derecho Constitucional, que presentou un relatorio centrado no discurso xurídico sobre o corpo das mulleres e "a artificiosa construción do dereito á xestación por substitución". Pola súa banda, Ana Isabel Marrades, da Universitat de València e secretaria do Instituto Universitario de Estudios de la Mujer, presentou unha comunicación titulada A xestación por substitución: a dignidad e os dereitos. María Díaz, da Universidad de Alcalá, realizou un achegamento á xestación por substitución dende as leccións aprendidas dende o Dereito Internacional dos Dereitos Humanos. Finalmente, Antonia Durán, da Universidad de Salamanca, centrouse nas “incoherencias xurídicas e medias verdades” e explicou por que considera necesario regular en España este tipo de xestación.