Galicia, unha autonomía no mundo 28 de xuño de 2016
Galicia, unha autonomía no mundo
Intervención de Jesús Gamallo Aller
O IGADI, que en 2016 celebra o seu XXV aniversario, e o Observatorio da Gobernanza G3 da Universidade de Vigo, convocan este I Congreso de Estudos Internacionais de Galicia co obxecto de ofrecer unha plataforma de debate e de diálogo para todos aqueles que teñan interese académico e científico nos estudos internacionais. Con vocación de continuidade, aspira a conformar unha axenda internacional para a nosa sociedade, cun futuro cada vez mais dependente da súa capacidade para posicionarse no mundo con identidade propia. No 80 aniversario do referendo do Estatuto de Autonomía, cómpre que Galicia reflexione sobre a súa inserción internacional, achegando a masa crítica precisa e favorecendo a creación dos espazos de encontro necesarios para facer converxer as diferentes disciplinas e visións que comparten a preocupación común de universalizar a nosa identidade en todas as súas manifestacións.