Clausura do Acto 11 Xuñ, 2013

Visto 1299 veces

Clausura do Acto

“Este é un acto singular na universidade española, tan singular como necesario e tan necesario como insubstituíble”. Con esta frase abriu Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, o acto de recoñecemento ás empresas que colaboran coa institución académica do sur de Galicia, un evento que organiza a entidade que el preside. Con máis de 2000 convenios asinados con empresas, a Universidade viguesa quixo recoñecer así, en palabras do reitor, Salustiano Mato, a implicación do tecido empresarial da contorna, “un actor cada vez máis importante no noso futuro”.

Ernesto Pedrosa
Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo