Debutar na madureza. A experiencia da publicación tardía 26 de mar. de 2013

Visto 1742 veces

Debutar na madureza. A experiencia da publicación tardía

“Futuro imperfecto é un libro escrito na e desde a madureza emocional”. “Futuro imperfecto foi unha liberación absoluta e total”. “Futuro imperfecto ademais de emocións pretende promover un espírito crítico”. Nestas e noutras tantas frases resumiu Xulia Alonso a esencia da súa primeira obra, ante un ateigado salón de graos da Facultade de Filoloxía e Tradución, no que alumnado e profesorado asistiu ás explicacións do proceso de xestación dun libro autobiográfico no que Alonso mergúllase nunha parte da súa vida marcada polas drogas e o amor polo seu compañeiro Nico, falecido vítima da SIDA. Xulia, á que os médicos déronlle hai 30 anos, un ano de vida, é seropositiva e comparte a súa vida coa súa filla e a de Nico, Lucía, verdadeira destinataria dun libro, que asegura “foi escrito para non ser publicado, senón por unha necesidade persoal de trasladar a un soporte estable o que tiña na memoria e non se podía perder”.

Xulia Alonso Díaz
Escritora