As cantigas son unha ilustración da Galicia que queremos, alá onde van nunca esquecen as súas raíces 5 de mar. de 2018
As cantigas son unha ilustración da Galicia que queremos, alá onde van nunca esquecen as súas raíces
Intervención de Alberto Núñez Feijoo
Nas horas previas ao seu regreso á Morgan Library e Museum de Nova York, o Pergamiño Vindel recibiu o adeus dunha ampla representación da sociedade viguesa e galega, que se deu cita esta tarde no Museo do Mar de Galicia, nun acto, no que o presidente da Xunta e o reitor da Universidade de Vigo foron os encargados de verbalizar a despedida á obra de Martin Codax, que os artistas Roi Casal e Uxía interpretaron coas súas voces e a súa música. Un bardo e un xograr, acompañados de bufóns, malabaristas e músicos, todos da compañía Troula Animación, conduciron o acto ao que asistiron, entre outras autoridades, o alcalde de Vigo, a valedora do Pobo, o presidente do Consello Consultivo de Galicia, a presidenta da Deputación de Pontevedra, o presidente da Real Academia Galega, así como representantes dos ámbitos político, económico e social de Galicia.