"Con Barqueira e Remador". Intervención de Cosmin PerÅ£a (Romanía) 16 de out. de 2014

Visto 1754 veces

"Con Barqueira e Remador". Intervención de Cosmin PerÅ£a (Romanía)

III Obradoiro Internacional de Tradución Poética

No ámbito do III Obradoiro Internacional de Tradución Poética "Con Barqueira e Remador" (coordinado pola poeta Yolanda Castaño), realizarase na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo no día 16 de outubro (xoves), ás 13:00 h, no Salón de Actos, unha Mesa Redonda - Recital. O obradoiro congregará nesta ocasión a 7 poetas de recoñecido prestixio en lingua inglesa/chinesa, sueca, romanesa, letoa, éuscara, checa e galega. Todos cumpren o dobre perfil de seren poetas recoñecidos/as dentro dos seus sistemas literarios e, á vez, solventes tradutores/as literarios con obra publicada. A lingua franca ou vehicular do obradoiro será o inglés, idioma ao que estarán vertidos os textos de apoio cos que se traballará, sempre a carón dos orixinais (unha selección de ata 7 páxinas por autor/a). Na Mesa Redonda - Recital o grupo de poetas fará unha breve reflexión sobre a selección de poemas cuxa tradución ao galego recitará despois Marilar Aleixandre. Os poetas convidados/a a esta terceira edición do Obradoiro “Con barqueira e remador” son: KateÅ™ina Rudčenková (República Checa), Cosmin PerÅ£a (Romanía), Catharina Gripenberg (Finlandia), Kārlis VÄ“rdiņš (Letonia), Leire Bilbao (Euskadi), Alvin Pang (Singapur) e Marilar Aleixandre (Galicia).

Cosmin Perƫa
Poeta Novelista
Profesora de Didáctica das ciencias e educación ambiental na Facultade de Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Escritora galardoada cos principais premios galegos de narrativa e teatro

Vídeos da mesma serie
Benvida
16 de out. de 2014
"Con Barqueira e Remador". Intervención de Alvin Pang (Singapur)
III Obradoiro Internacional de Tradución Poética
16 de out. de 2014
"Con Barqueira e Remador". Intervención de Cosmin PerÅ£a (Romanía)
III Obradoiro Internacional de Tradución Poética
16 de out. de 2014
"Con Barqueira e Remador". Intervención de Kārlis VÄ“rdiņš (Letonia)
III Obradoiro Internacional de Tradución Poética
16 de out. de 2014
"Con Barqueira e Remador". Intervención de Leire Bilbao (Euskadi)
III Obradoiro Internacional de Tradución Poética
16 de out. de 2014