Quen e que se traduce (ou non) en Galicia? A tradución literaria galega contemporánea 15 de out. de 2015

Visto 1717 veces

Quen e que se traduce (ou non) en Galicia? A tradución literaria galega contemporánea

Emerxente. Sen ben é certo que na actualidade non son moitas as persoas que poden dedicarse en exclusiva a esta tarefa, todo indica que comeza a haber oco profesional neste eido para as novas xeracións que están a formarse nas aulas da Facultade de Filoloxía e Tradución. Esta foi a principal idea que tentou transmitirse ao alumnado que este xoves asistiu á mesa redonda Quen e que se traduce (ou non) en Galicia? A tradución literaria galega contemporánea, unha actividade organizada polo grupo de investigación Bitraga e o Departamento de Tradución e Lingüística no marco do Día Mundial da Tradución, que se celebrou o pasado 30 de setembro e ao abeiro do cal xa se levou a cabo a visita ao centro de María Alonso Seisdedos, Premio Nacional á Mellor Tradución 2013.

Modera: Iolanda Galanes
Profesora do Departamento de Tradución e Lingüística, membro do grupo Bitraga, Universidade de Vigo