Acto de adhesión de Cantabria á Macrorrexión RESOE. Firma do convenio 14/03/2017

Visto 532 veces

Acto de adhesión de Cantabria á Macrorrexión RESOE. Firma do convenio

Creada en setembro de 2010, a denominada Macrorrexión do Suroeste de Europa, RESOE, territorio que compoñen Galicia, Asturias, Castela e León e a zona norte e centro de Portugal, segue a medrar e a gañar masa crítica e faino coa incorporación de Cantabria, que hoxe se sumou a este proxecto “con todo o noso ánimo de traballar xuntos na defensa común das múltiples cuestións que a todos nos afectan”, tal e como como subliñou tras o acto de adhesión o seu presidente, Miguel Ángel Revilla, que compareceu ante os medios de comunicación acompañado do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; os seus homólogos de Asturias e Castela León, Javier Fernández e Juan Vicente Herrera, e os responsables das dúas rexións portuguesas, Fernando Freire de Sousa e Ana Abrunhosa.

Juan Vicente Herrera
Presidente da Xunta de Castela e León
Miguel Ángel Revilla Roiz
Presidente da comunidade autónoma de Cantabria
Ana María Pereira Abrunhosa
Presidenta da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Centro de Portugal
Javier Fernandez Fernandez
Presidente do Principado de Asturias
Fernando Freire de Sousa
Presidente da Comissão da Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte
Presidente, Xunta de Galicia