Turno de Preguntas 21 de maio de 2009
Visto 2845
veces
Turno de Preguntas
O profesor Jeff Derksen cuestiona nesta conferencia o discurso dos Estudos Culturais que aboga pola desaparición dos parámetros da nación e da cultura nacional en prol dunha proposta de globalización cultural que él relaciona co neoliberalismo. O Dr. Derksen estuda dende a intersección das teorías culturais, poscoloniais e de globalización, os dous polos extremos cara aos que se leva actualmente a análise da cultura no mundo globalizado: a homoxeneización dunha cultura única global (a miudo considerada un mero producto de consumo), e a heteroxeneidade facilitada polas novas formas de cidadanía transnacional e de identidades alternativas híbridas características da globalización.
i18n.one.Series:
Scale Bending Literatures
Presenta:
Belén Martín Lucas
Docente e investigadora do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá, Universidade de Vigo
Jeff Dersken
Profesor emerito, Simon Fraser University
Vídeos da mesma serie