Premio Traxectorias individuais 2012 29 de nov. de 2012

Visto 1577 veces

Premio Traxectorias individuais 2012

Non só teñen o talento e a habilidade física e psíquica para ser deportistas de élite, senón que tamén lle dedicaron anos de esforzo, sacrificio e disciplina para chegar ao máis alto. A XXI Gala do Deporte Universitario quixo premiar ese traballo de fondo cun acto no que se entregaron 33 galardóns aos deportistas máis destacados da comunidade universitaria viguesa, o bo facer e a traxectoria persoal de todos aqueles loitadores vitais.

Presenta: Alfonso Hermida
Xornalista da TVG
Ponente: Chus Lago
Concelleira de Medio Ambiente
Ponente: Marta Iglesias
Deputada Pronvincial