Premio Egresado 2012 29 Nov, 2012

Visto 1587 veces

Premio Egresado 2012

Non só teñen o talento e a habilidade física e psíquica para ser deportistas de élite, senón que tamén lle dedicaron anos de esforzo, sacrificio e disciplina para chegar ao máis alto. A XXI Gala do Deporte Universitario quixo premiar ese traballo de fondo cun acto no que se entregaron 33 galardóns aos deportistas máis destacados da comunidade universitaria viguesa, o bo facer e a traxectoria persoal de todos aqueles loitadores vitais.

Presenta: Xosé Henrique Costas González
Vicerreitor de Extensión Universitaria, Universidade de Vigo
Modera Alfonso Hermida
Xornalista da TVG
Entrevista: Borja Oubiña
Xogador do Celta