Presentación Soledad Muniategui Lorenzo 12 de xuño de 2014

Visto 1809 veces

Presentación Soledad Muniategui Lorenzo

Cada ano chegan ao mar millóns de toneladas de residuos que se distribúen amplamente no medio mariño, dando lugar a grandes acumulacións nalgunhas partes do planeta. Estímase que o 80% do "lixo mariñar" son plásticos, que debido á súa resistencia á degradación poden permanecer durante longo tempo no medio afectando aos ecosistemas e á vida mariña. Nos últimos anos existe un crecente interese científico nos chamados "microplásticos", partículas inferiores a 5 mm, debido ás súas características e capacidade de reter contaminantes químicos, proporcionando unha vía para o transporte de substancias tóxicas a través da superficie. Grazas a esta conferencia poderemos coñecer a orixe, a distribución e os efectos dos residuos plásticos no medio mariño e a súa incidencia na saúde humana, así como as actuacións que se levan a cabo para abordar este problema ambiental de carácter global.

Presenta: Manuel Tajes
IES Universidade Laboral