Turno de preguntas Plásticos no medio mariño: un problema global 12 de xuño de 2014

Visto 1127 veces

Turno de preguntas Plásticos no medio mariño: un problema global

Cada ano chegan ao mar millóns de toneladas de residuos que se distribúen amplamente no medio mariño, dando lugar a grandes acumulacións nalgunhas partes do planeta. Estímase que o 80% do "lixo mariñar" son plásticos, que debido á súa resistencia á degradación poden permanecer durante longo tempo no medio afectando aos ecosistemas e á vida mariña. Nos últimos anos existe un crecente interese científico nos chamados "microplásticos", partículas inferiores a 5 mm, debido ás súas características e capacidade de reter contaminantes químicos, proporcionando unha vía para o transporte de substancias tóxicas a través da superficie. Grazas a esta conferencia poderemos coñecer a orixe, a distribución e os efectos dos residuos plásticos no medio mariño e a súa incidencia na saúde humana, así como as actuacións que se levan a cabo para abordar este problema ambiental de carácter global.

Soledad Muniategui Lorenzo
Catedrática Universidade. Área de Química Analítica , Universidade da Coruña