Apertura do acto e intervención do Secretario Xeral da Universidade de Vigo 20 de set. de 2018

Visto 37 veces

Apertura do acto e intervención do Secretario Xeral da Universidade de Vigo

“É un orgullo ver como xorden novas titulacións, como este título propio, que é un exemplo non só de novas achegas didácticas senón tamén de transferencia entre a Universidade e a empresa”

A industria do videoxogo é un nicho de emprego para os estudantes de Tradución e, dende hai varios anos, das aulas da Universidade de Vigo están saíndo destacados profesionais neste eido. Pero as empresas demandan unha formación máis ampla e profunda neste campo e, neste contexto, nace o primeiro título propio de especialización en Tradución para a industria do videoxogo que pon en marcha unha universidade pública en España.

Presenta: José Yuste Frías
Profesor Titular do Departamento de Tradución e Lingüística, Investigador Principal do Grupo de Investigación TyP e Director dos programas Web-TV Zig-Zag, Exit e Pilulas TyP
Secretario xeral, Universidade de Vigo