A Directora da Área de Captación de Alumnado incidía en que este título propio “mira á sociedade, pero mira de verdade” 20 de set. de 2018

Visto 42 veces

A Directora da Área de Captación de Alumnado incidía en que este título propio “mira á sociedade, pero mira de verdade”

A industria do videoxogo é un nicho de emprego para os estudantes de Tradución e, dende hai varios anos, das aulas da Universidade de Vigo están saíndo destacados profesionais neste eido. Pero as empresas demandan unha formación máis ampla e profunda neste campo e, neste contexto, nace o primeiro título propio de especialización en Tradución para a industria do videoxogo que pon en marcha unha universidade pública en España.

Presenta: José Yuste Frías
Profesor Titular do Departamento de Tradución e Lingüística, Investigador Principal do Grupo de Investigación TyP e Director dos programas Web-TV Zig-Zag, Exit e Pilulas TyP
Susana Rodríguez Barcia
Directora da Área de Captación de Alumnado, Universidade de Vigo