Presentación de Maria-Josep Solé 22/11/2018

Visto 4 veces

Presentación de Maria-Josep Solé

Tras chegar a notificación oficial e definitiva da concesión por parte do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades dunha axuda de 300.000 euros, a Facultade de Filoloxía e Tradución inaugura o Laboratorio de Linguaxe e Cognición, Lang & Co. Lab, unhas instalacións pioneiras que situarán a Vigo como referente europeo “na análise experimental da lingua e a fala en xeral, e das linguas e as falas, en particular”, tal e como subliñaron os seus directores, os profesores Rosalía Rodríguez Vázquez e Miguel Cuevas, investigadores do grupo de investigación LVTC (Language Variation and Textual Categorisation). Xunto a eles participaron na inauguración o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e o decano da facultade, Luis Alonso, que se amosaron “tremendamente satisfeitos” polo éxito acadado por este proxecto na convocatoria do ministerio, algo que, reiteraron, “marcará un antes e un despois no mundo das humanidades”.

Presenta: Miguel Cuevas
Profesor do departamento de Lingua española, Universidade de Vigo
Maria-Josep Solé
Universidad Autónoma de Barcelona