Bó Nadal! estudantado internacional da Universidade de Vigo 15 de dec. de 2023
Bó Nadal! estudantado internacional da Universidade de Vigo
En total, neste primeiro cuadrimestre elixiron completar os seus estudos na Universidade de Vigo son 289 estudantes de 30 nacionalidades de Europa, Asia e América. Vigo segue sendo o campus máis internacional, con 226 estudantes, seguido de Pontevedra con 38 e Ourense con 25. A maioría deles, 245, optaron por unha estadía durante o primeiro cuadrimestre, mentres que 38 elixiron quedarse todo o ano e seis xa se inscribiron para o segundo cuadrimestre, unha cifra que se incrementará ostensiblemente a comezos de ano.
O principal país de procedencia do alumnado estranxeiro deste primeiro cuadrimestre é Italia, de onde veñen 65 estudantes, seguido de Alemaña con 48, Francia con 41 e Polonia con 27. As mozas son maioría, 175 do total, xunto con 113 mozos e unha persoa non binaria.
Fonte: DUVI