Benvida dos estudantes CIFP de Portovello Particia e Sandra 4 de abr. de 2019
Benvida dos estudantes CIFP de Portovello Particia e Sandra
Por terceiro ano consecutivo, a Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense e o CIFP Portovello están a organizar os Encontros sobre A educación dende o compromiso co territorio. A edición de 2019 estará centrada no modelo da cidade de Pontevedra e como novidade amplía a súa programación de un a tres días, celebrándose o 28 de marzo e o 4 e 8 de abril.
“Un ano máis, e xa van tres, desde o CIFP Portovello e a Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense presentamos os Encontros sobre A Educación dende o Compromiso co Territorio. Desta volta aproximámonos ás particularidades das cidades educadoras achegándonos a Pontevedra e ao seu proxecto de cidade, fortemente vencellado ás ideas de Francesco Tonucci e á súa concepción da cidade.