Vídeo promocional da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. Universidade de Vigo 10 de xuño de 2019
Vídeo promocional da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. Universidade de Vigo
Dende sempre, o ser humano precisou dos recursos naturais que lle ofrecía o planeta para asegurar a súa supervivencia e, sumado a súa capacidade de enxeño, puido aproveitalos para medrar.
Co vertixinoso desenvolvemento da sociedade moderna, xurde a necesidade de formar profesionais que xestionen as fontes de recursos naturais e enerxéticos, polo que no século XVIII fúndanse as primeiras escolas de Enxeñaría de Minas en Europa, implantándose no ano 1777 a primeira en España, o que outorga a estes estudos a honra de ser a enxeñaría máis antiga do país.
En Galicia, estos estudos contan con 25 anos de historia, a andaina da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo remonta ao curso 1992-1993 onde a oferta académica de grao e mestrado actualízase para respostar ás actuais e futuras necesidades do mercado profesional e investigador coa garantía de calidade coma eixo de toda actuación.
A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (EME) conta coas instalacións, tanto docentes como de investigación onde un equipo de profesorado traballa con grupos reducidos de alumnado dando prioridade ao ensino persoalizado e eminentemente práctico.