Videoresumo HappyGoRunning - Cidade Universitaria - 2019 22 de abr. de 2018
Videoresumo HappyGoRunning - Cidade Universitaria - 2019
#happygorunning2019
Ester Navarrete e Borja Jerónimo García foron os triunfadores da HappyGoRunning-Cidade Universitaria, a carreira que na tarde desta sábado reuniu no campus vigués a case tres centos de persoas, dentro do circuíto de carreira populares RunRun Vigo.
Por quinto ano consecutivo, Ester Navarrete, cun tempo de 34 minutos e 40 segundos, proclamouse vencedora da categoría feminina mentres que Borja Jerónimo Martínez completou os 10 km da proba en 31 minutos e 08 segundos, proclamándose vencedor da masculina. O podio feminino completouno Leticia Fernández (00:36:15) e Sandra Mosquera (00:37:11) e o masculino Daniel Bergiela (00:32:29) e Víctor Hugo Pacheco (00:33:45).
En total, participaron 261 persoas entre as categorías masculina e feminina na distancia de 10 km e outras 53 na distancia de 6,6 km, na que se impuxeron Ismael Táboas, cun tempo de 00:23:15 e María del Carmen Cotovad que entrou en meta con 00:31:44.
Ademais, nesta cita que tivo que adiantarse un día por mor da celebración da Eleccións Xerais o domingo 28, tamén se estableceu unha clasificación universitaria, na que a estudante do campus de Pontevedra Leticia Fernández foi primeira (segunda na clasificación Xeral) e o profesor David Patiño, do Departamento de Enxeñaría mecánica, máquinas e motores térmicos e fluídos, segundo. O terceiro e o cuarto posto tamén acabaron en mans da Universidade de Vigo, en concreto, de Jorge Fernández, do campus de Vigo e Aída Martínez do de Ourense. A xornada deportiva completouse cunha andaina de 10 km pola contorna do campus vigués.
Grazas á vertente solidaria deste evento deportivo, 1 euros de cada inscrición de todas as modalidades doarase a un proxecto da Fundación Galega contra o Narcotráfico