Intervención de Fernando Ramallo 26 de set. de 2019
Intervención de Fernando Ramallo
Este encontro está pensado como foro de reflexión entre o PDI da Universidade de Vigo que traballa en temas relacionados coa Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (CUD) ou que esté interesado nesta.
O encontro está dividido en dúas xornadas, unha dedicada á investigación e outra á docencia. Ademais de coñecer as claves da CUD no marco da Axenda 2030, as distintas fontes de financiamento de proxectos e a estratexia da UVigo en docencia CUD, preténdese que o PDI asistente teña o máximo protagonismo. Para isto, convidamos ao PDI a que presente brevemente un proxecto de investigación CUD (no que estea traballando ou queira traballar) ou unha experiencia de cooperación na docencia. E tamén que participe nas mesas de traballo para deseñar proxectos de investigación e de docencia en CUD coa axuda do persoal técnico da Oficina de Proxectos Internacionais e da Área de Formación e Innovación Educativa.