Impermeabilización de cubertas de vivendas con materiais reciclados para familias vulnerables en zonas desfavorecidas 26 de set. de 2019
Impermeabilización de cubertas de vivendas con materiais reciclados para familias vulnerables en zonas desfavorecidas
Este encontro está pensado como foro de reflexión entre o PDI da Universidade de Vigo que traballa en temas relacionados coa Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (CUD) ou que esté interesado nesta.
O encontro está dividido en dúas xornadas, unha dedicada á investigación e outra á docencia. Ademais de coñecer as claves da CUD no marco da Axenda 2030, as distintas fontes de financiamento de proxectos e a estratexia da UVigo en docencia CUD, preténdese que o PDI asistente teña o máximo protagonismo. Para isto, convidamos ao PDI a que presente brevemente un proxecto de investigación CUD (no que estea traballando ou queira traballar) ou unha experiencia de cooperación na docencia. E tamén que participe nas mesas de traballo para deseñar proxectos de investigación e de docencia en CUD coa axuda do persoal técnico da Oficina de Proxectos Internacionais e da Área de Formación e Innovación Educativa.