Acto Completo de graduación da VII promoción do grao en Educación Social e Traballo Social 2015-2019 22 de xuño de 2019

Visto 28 veces

Acto Completo de graduación da VII promoción do grao en Educación Social e Traballo Social 2015-2019

O Auditorio Municipal de Ourense foi o escenario do acto de graduación de dúas novas promocións da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense. 112 estudantes de Educación Social e Traballo Social celebraron con familiares, amigos e membros da comunidade universitaria o remate con éxito da súa formación superior.

María Isabel Doval, vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación da Universidade de Vigo, e Mar García, decana da Facultade de Ciencias da Educación, acompañaron, entre outras autoridades, ás novas promocións na súa celebración.

Os actos de graduación foron os das VII promocións do Grao en Educación Social, formada por 59 persoas, e do Grao en Traballo Social, composto por 53 estudantes. Os padriños e madriñas foron as e os profesores do centro María Martínez, Esther Pérez e Xosé Manuel Cid. “Co voso traballo participaredes na creación dunha sociedade máis cohesionada, participativa e integradora mellorando as competencias, estratexias e recursos das persoas para desenvolverse plenamente e integrarse socialmente, conseguindo deste xeito unha vida digna”, recalcoulles aos novos titulado e tituladas Mar García. A decana subliñoulles como na nova etapa que se abre para estes egresados e egresadas, "a Facultade de Ciencias da Educación é a vosa casa, sempre seredes benvidos. As súas portas están abertas e podedes contar con nós para apoiarvos como profesionais, para seguir ofrecéndovos formación continua e actualizada, pero tamén para compartir as vosas experiencias".

Vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, Uniersidade de Vigo
María del Mar García Señorán
Decana Facultade de Ciencias da Educación, Universidade de Vigo
María Esther Pérez Enríquez
Profesora Facultade Ciencias da Educación, Universidade de Vigo
Xose Manuel Cid Fernández
Facultade de Ciencias da Educación Ourense
María Martínez Rodríguez
Profesora, departamento de análise e intervención psicosocioeducativa, Universidade de Vigo
Camilo Isaac Ocampo
Profesor Titular, Universidade de Vigo
Sabela Rodríguez
Grao en Educación Social, Universidade de Vigo
Neli Formoso
Grao en Educación Social, Universidade de Vigo
Ana Pumar
Grao en Traballo Social, Universidade de Vigo
Luis Vuelta
Grao en Traballo Social, Universidade de Vigo
Coro Universitario del Campus de Ourense
Universidade de Vigo