Apertura do Congreso, por José Montero Reguera, e intervención de Manuela Palacios 16 de xan. de 2020

Visto 4 veces

Apertura do Congreso, por José Montero Reguera, e intervención de Manuela Palacios

A violencia semella ter impregnado o discurso literario contemporáneo e, de feito, os especialistas consideran que as súas manifestacións nos diferentes xéneros literarios amosan os cambios sociais das últimas décadas e axudan a reconsiderar os lazos existentes entre literatura e os asuntos públicos. Esta é a premisa arredor da que naceu o primeiro congreso internacional Lingua e violencia: mediacións literarias na era do Antropoceno. O simposio está organizado polo Departamento de Literatura Española, en colaboración co grupo de investigación ELICIN (Estudios literarios y culturales en lengua española) da Universidade de Vigo, que dirixe a investigadora Carmen Luna; o grupo de investigación Discourse and Identity da Universidade de Santiago de Compostela e o proxecto Language Acts and Wordmaking do King’s College London.

Presenta: José Montero Reguera
Catedrático de Literatura Española. Director do Departamento de Literatura e Teoría da Literatura, Universidade de Vigo