Presentación de An Alfaya 14 de out. de 2020

Visto 21 veces

Presentación de An Alfaya

Esta iniciativa está coordinada pola profesora da UVigo Isabel Mociño e conta coa colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Facultade de Educación e Traballo Social e a Vicerreitoría do Campus de Ourense.

Os obxectivos do ciclo, lembra Isabel Mociño, continúan sendo os mesmos: visibilizar a produción literaria e a autores e autoras para o público máis novo desde unha perspectiva dinámica; abrir novas vías e temáticas para complementar a visión arredor do sistema literario e darlle a oportunidade a futuros mestres e mestras de coñecer de primeira man a produción de autores e autoras sobre os que traballarán cando exerzan.

Presenta: Isabel Mociño González
Coordinadora do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil, Universidade de Vigo
An Alfaya
Escritora galega