Rolda de preguntas. Dúas décadas despois de Budapest, cara a onde vai o acceso aberto? 23 de out. de 2020

Visto 22 veces

Rolda de preguntas. Dúas décadas despois de Budapest, cara a onde vai o acceso aberto?

en decembro de 2001 reuníronse en Budapest un grupo de expertos e expertas para impulsar a iniciativa do acceso aberto que nos trouxo os repositorios, as revistas de acceso aberto e as coñecidas vías verde e dourada. Pero, cara onde imos? Os financiadores están a apostar por un acceso aberto inmediato, os editores ofrecen acordos transformativos para manter o seu status quo, as universidades ven que os custos seguen aumentando nesta transición, os investigadores enchen os servidores de preprints para seren os primeiros en publicar, e os avaliadores seguen confiando no factor de impacto. No camiño cara á ciencia aberta miraremos de analizar a situación do acceso aberto e de expor escenarios de futuro.