Mesa redonda con persoal de ONGD e profesionais da tradución e a interpretación 29 de out. de 2020
Mesa redonda con persoal de ONGD e profesionais da tradución e a interpretación
Os labores de interpretación e de tradución constitúen un elo esencial en contextos de cooperación ao desenvolvemento, #a fin de que se lles poida prestar a asistencia necesaria ás persoas usuarias e destinatarias das accións das ONGD que operan neste sector. A pesar diso, esta necesidade non sempre se ve cuberta, por iso é polo que o proxecto MELINCO, de «Mediación lingüística para a cooperación ao desenvolvemento», busque paliar esta problemática mediante un enfoque de investigación‑acción.
Este proxecto, financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, ocuparase nun primeiro momento de facer unha análise diagnóstico da situación da interpretación e a tradución neste ámbito.