Mesa redonda con persoal de ONGD e profesionais da tradución e a interpretación 29 de out. de 2020

Visto 35 veces

Mesa redonda con persoal de ONGD e profesionais da tradución e a interpretación

Os labores de interpretación e de tradución constitúen un elo esencial en contextos de cooperación ao desenvolvemento, #a fin de que se lles poida prestar a asistencia necesaria ás persoas usuarias e destinatarias das accións das ONGD que operan neste sector. A pesar diso, esta necesidade non sempre se ve cuberta, por iso é polo que o proxecto MELINCO, de «Mediación lingüística para a cooperación ao desenvolvemento», busque paliar esta problemática mediante un enfoque de investigación‑acción.

Este proxecto, financiado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, ocuparase nun primeiro momento de facer unha análise diagnóstico da situación da interpretación e a tradución neste ámbito.

Teresa Mendi Villarejo
Coordinadora da ONGD AIRE (Asociación Integral de Rescate en Emerxencias)
Juan Redondo Abelenda
Representante da ONGD Cruz Roja Española
María Villa García
Intérprete experta en cooperación ao desenvolvemento con enfoque de xénero
Celia Rico Pérez
Investigadora da Universidade Europea de Madrid
Hanan Saleh Hussein
Investigadora da Universidade Pablo de Olavide
Modera: Anabel Borja Albi
Traducción y Comunicación, Faculty Member |, Universitat Jaume I de Castelló

Vídeos da mesma serie