María Victoria-Carballo Calero, foi a encargada de achegarase á vertente humana de Carbalho Calero 26 de nov. de 2020

Visto 32 veces

María Victoria-Carballo Calero, foi a encargada de achegarase á vertente humana de Carbalho Calero

Conferencia

A homenaxe levou por título Professor Carvalho Calero antes, agora e sempre. Na súa presentación, Esther de Blas, vicerreitora do Campus de Ourense, salientou como é tradición que cada ano o campus homenaxee á persoa elixida para conmemorar o Día das Letras Galegas. A pesar de que a pandemia impediu a celebración de actos en maio, indicou, o campus de Ourense quixo co acto deste xoves que non rematase o ano sen facer unha lembranza a Ricardo Carbalho Calero. Debido ás medidas sanitarias, o acto desenvolveuse coa única asistencia de público permitida dos decanos dos centros implicados no acto, a Facultade de Historia e a Facultade de Educación e Traballo Social.