Conferencia de Mariajo Ilustrajo 8 de xuño de 2021

Visto 17 veces

Conferencia de Mariajo Ilustrajo

Conferencia

Ciencia e arte danse a man na proposta que o Campus do Mar e o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo deseñaron para celebrar o Día Mundial dos Océanos. O proxecto, bautizado como Scientists meet artists, propón unha maridaxe entre dous mundos, a priori, ben distantes como son a investigación mariña e a ilustración. Para unilos puxéronse en contacto 12 científicos e 12 ilustradores que, traballando xuntos, deseñaron unha serie de 12 láminas artísticas sobre conceptos ou procesos científicos que ocorren no medio mariño. As pezas serán presentadas este 8 de xuño, coincidindo co Día Mundial dos Océanos, nun evento virtual no que participan os investigadores e artistas.

i18n.one.Series: Scientists meet artists
Maria José Gajate
Illustrator & designer. (Mariajo Ilustrajo)
Modera: Daniel Rey García
Director do Campus do Mar, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Apertura
8 de xuño de 2021
Conferencia de Mariajo Ilustrajo
Conferencia
8 de xuño de 2021
Ilustrando a ciencia
Mesa redonda. Con investigadores/as e ilustradores/as de Scientists meet Artists
8 de xuño de 2021
Despedida
8 de xuño de 2021