Presentación da iniciativa Scientists meet Artists 8 de xuño de 2021

Visto 25 veces

Presentación da iniciativa Scientists meet Artists

Conferencia

Ciencia e arte danse a man na proposta que o Campus do Mar e o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo deseñaron para celebrar o Día Mundial dos Océanos. O proxecto, bautizado como Scientists meet artists, propón unha maridaxe entre dous mundos, a priori, ben distantes como son a investigación mariña e a ilustración. Para unilos puxéronse en contacto 12 científicos e 12 ilustradores que, traballando xuntos, deseñaron unha serie de 12 láminas artísticas sobre conceptos ou procesos científicos que ocorren no medio mariño. As pezas serán presentadas este 8 de xuño, coincidindo co Día Mundial dos Océanos, nun evento virtual no que participan os investigadores e artistas.

i18n.one.Series: Scientists meet artists
Alberte Román
Xestor de proxecto do Campus do Mar, Universidade de Vigo
Noelia Estévez
Xestora de proxecto do Campus do Mar, Universidade de Vigo

Vídeos da mesma serie
Apertura
8 de xuño de 2021
Conferencia de Mariajo Ilustrajo
Conferencia
8 de xuño de 2021
Ilustrando a ciencia
Mesa redonda. Con investigadores/as e ilustradores/as de Scientists meet Artists
8 de xuño de 2021
Despedida
8 de xuño de 2021