Apertura do seminario: Terras agrarias, valores económicos e ambientais, e presentación de Patricia Ulloa Alonso 16 de xul. de 2021

Visto 29 veces

Apertura do seminario: Terras agrarias, valores económicos e ambientais, e presentación de Patricia Ulloa Alonso

O Observatorio Eólico de Galicia, OEGA, organizou para este mes de xullo varias xornadas de debate en liña nas que, a través da testemuña de especialistas en distintos ámbitos, se tratará de achegar luz sobre dúas cuestións que están en pleno centro do debate público: dunha banda, o impacto económico e ambiental dos parques eólicos e, da outra, a tarifa eléctrica diferenciada por territorios. As actividades arrancarán o venres 9 co ciclo Marco xurídico e enerxías renovables: o caso dos parques eólicos.

Con respecto ao seminario sobre o marco xurídico das enerxías renovables, contarase coa participación de diferentes profesionais do Dereito, que afondarán no marco normativo co que a sociedade trata de dar resposta “en tempo e forma” aos retos que supoñen integrar “eficaz e equitativamente” os efectos sociais, económicos e ambientais dos parques eólicos

Fonte: DUVI

Presenta: Xavier Simón Fernández
Profesor de Economía Aplicada, Universidade de Vigo