Quenda de preguntas. Unha tarifa eléctrica diferenciada por territorios? 12 de xul. de 2021
Quenda de preguntas. Unha tarifa eléctrica diferenciada por territorios?
Búscase que as persoas que asistan poidan informarse con claridade sobre unha cuestión que abrangue aspectos tanto normativos como económicos e sociais, sinalando cales son os factores que poden xustificar a existencia de prezos rexionais da electricidade. “Son moitas as persoas que, desde diferentes ámbitos sociais, económicos e políticos, preguntan por este tema do prezo da enerxía, dos custes, da súa distribución, da incidencia que ten a proximidade do lugar de produción ao lugar de consumo...e, como o OEGA aínda non ten unha posición propia, en colaboración co grupo Economic Analysis, Accounting and Finance (RGEAF) da UVIGO, especialistas en mercados eléctricos, demos en convidar a expertos que defendan todas as posturas, e nos dean argumentos para poder formar unha resposta propia a esa demanda”, salienta o director do observatorio.
Fonte: DUVI