Tarifa Eléctrica Galega, motivación e obxectivos 12 de xul. de 2021

Visto 42 veces

Tarifa Eléctrica Galega, motivación e obxectivos

Conferencia

Búscase que as persoas que asistan poidan informarse con claridade sobre unha cuestión que abrangue aspectos tanto normativos como económicos e sociais, sinalando cales son os factores que poden xustificar a existencia de prezos rexionais da electricidade. “Son moitas as persoas que, desde diferentes ámbitos sociais, económicos e políticos, preguntan por este tema do prezo da enerxía, dos custes, da súa distribución, da incidencia que ten a proximidade do lugar de produción ao lugar de consumo...e, como o OEGA aínda non ten unha posición propia, en colaboración co grupo Economic Analysis, Accounting and Finance (RGEAF) da UVIGO, especialistas en mercados eléctricos, demos en convidar a expertos que defendan todas as posturas, e nos dean argumentos para poder formar unha resposta propia a esa demanda”, salienta o director do observatorio.

Fonte: DUVI

Xosé Manuel Golpe Acuña
Fundación Axencia Enerxética Provincial de A Coruña (FAEPAC) e Nosa Enerxía S. Coop