Actuación musical 30 de set. de 2021

Visto 7 veces

Actuación musical

Os Carunchos

Tres semanas despois de que se iniciase a actividade docente do curso 201-2022, a Facultade de Filoloxía e Tradución celebrou hoxe un acto de apertura de curso centrado, por unha banda, na aplicación das humanidades na sociedade e, por outro, no recoñecemento a persoas que recibiron nos últimos meses diferentes galardóns. A catedrática de Lengua Española da Universitat de Barcelona Estrella Montolío Durán e o catedrático de Filoloxía Románica da USC Manuel González González protagonizaron cadansúa conversa coa vicedecana Inmaculada Anaya e o catedrático Xosé Henrique Costas, respectivamente, nas que animaron ao alumnado do centro a enfocar o seu futuro profesional por camiños poucos trillados, aproveitando as oportunidades que a sociedade actual ofrece.

Fonte: Duvi

Presenta: Inmaculada Anaya Revuelta
Vicedecana de Comunicación, Captación e Diversidade da FFT, Universidade de Vigo
Os Carunchos
Grupo de Gaiteiros